Comezo Novas do Monte

PostHeaderIcon Noticias

PostHeaderIcon Asemblea Xeral Ordinaria

 

A Xunta Directiva da Comunidade de Montes do Hío COMUNICA a todos os comuneiros e comuneiras da parroquia que o vindeiro SÁBADO DÍA 6 DE FEBREIRO, ás 15:00h en primeira convocatoria e ás 17:00 h en SEGUNDA convocatoria, celebrarase unha ASEMBLEA ORDINARIA na ESCOLA VELLA do Hío coa seguinte orde do día:

 

  1. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.

  2. Estado de contas.

  3. Altas e baixas de comuneiros/as.

  4. Altas e baixas na Xunta Directiva.

  5. Informe de xestións.

  6. Orzamento para o ano 2010.

  7. Propostas presentadas á Comunidade.

  8. Rolda de intervencións.

 

Lembrámoslles aos comuneiros e comuneiras que se queren delegar o seu voto por non poder asistir a dita asemblea por calquera motivo poden solicitar o impreso para a DELEGACIÓN DE VOTO chamando ao número 657 364587, (Lino). O impreso tamén se pode solicitar no enderezo de correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou recoller nos seguintes establecementos: bar STOP do Igrexario, bar A Curva de Nerga, bar As Lagoas de Vilariño, bar Cabo Home de Donón, bar O Camiño Vello de Pinténs, bar Areabrava de Vilanova ou Carpintaría O Freixo de Liméns.

 

PostHeaderIcon Comezamos o deslinde do monte comunal

En xuño de 2009 comezamos o labor de deslinde do noso monte comunal, coa resinalización dos máis de 700 puntos que aparecen documentados na Acta de Apeo. O traballo encertouse polo Cabo da Raposa, finalizada ao longo do verán e continúa neste outono pola parcela de Castro-Coruxo.


Estas marcas sinalan o deslinde do monte.

 

PostHeaderIcon Tala no corral de Barra - Abril 2009

Abril 2009 - Estivemos esta semana botándolle unha ollada á zona de monte conveniado que talou a consellaría no Corral de Barra. Deixaron a brosa amoreada co compromiso de volver co tractor con cadeas e esparexer toda a brosa. A intención da consellaría é repoboar con piñeiro a zona.

Foto da zona talada

 
<< Inicio < Anterior 1 2 Seguinte > Final >>
Páxina 2 de 2