Comezo Novas do Monte Novas Roteiro Nocturno

PostHeaderIcon Roteiro Nocturno

Este sábado 13 DE AGOSTO saímos de andaina de novo polo monte da parroquia, pero desta volta farémolo de noite. Aproveitando a lúa chea de agosto, realizaremos a camiñada arredor da aldea de Donón que tivemos que suspender en xullo polo mal tempo. Sairemos da Caracola ás 23:00h para baixar pola aldea de Donón cara ao areeiro e chegaremos ao extremo oeste da praia de Barra para comezar dende aí a subida cara a Subrido e Melide. Faremos unha paradiña en punta Robaleira para descansar un chisco e contemplar as marabillosas vistas nocturnas da praia de Melide, a ría e a costa da Soavela. Despois volveremos pola pista cara a Donón.

Recoméndase levar calzado axeitado para camiñar e algunha roupa de abrigo, pero tampouco en exceso se a noite non está moi fría. Os menores de 16 anos que queiran asistir, deberán facelo acompañados dun adulto. Non é preciso levar lanternas nin chalecos reflectantes, pois nos encargaremos de sinalar a comitiva nos tramos en que vaiamos por zonas de posible tránsito de vehículos.