Comezo Novas do Monte Novas Domingo 19 de xuño, roteiro polo monte do Hío

PostHeaderIcon Domingo 19 de xuño, roteiro polo monte do Hío

Despois de pasar polos montes de Darbo e Coiro, as camiñadas organizadas polas Comunidades de Montes Veciñais en Man Común de Cangas e a Xestora dos Montes Veciñais de Aldán chegan ao Hío.

O vindeiro domingo 19 de xuño, sairemos desde A Cruz do Castro ás 10 da mañá para percorrer uns sete quilómetros polos montes do Hío nun roteiro circular que nos levará polos montes veciñais da parroquia. Recoméndase levar calzado axeitado para unha andaina na que pasaremos por zonas húmidas á beira dos regos e tamén camiñaremos un pouco por area, aínda que a maior parte do camiño será sobre terra. O tempo aproximado do roteiro será dunhas dúas horas.