Comezo Novas do Monte Novas Reforestación co alumnado do CEIP do Hío

PostHeaderIcon Reforestación co alumnado do CEIP do Hío

O pasado 12 de abril, a comunidade de montes procedeu á primeira fase da reforestación da Chan de Varalonga coa plantación de 100 exemplares de sobreira. Para isto contamos coa colaboración do colexio público da parroquia, concretamente cos rapaces e rapazas do terceiro ciclo de Primaria, que acompañados das súas mestras gozaron dunha mañá de traballo no monte. Porén, a intención da CMVMC do Hío é a de levar o vínculo da mocidade da parroquia co monte comunal máis alá de actuacións puntuais e para iso imos proceder á etiquetaxe das árbores co nome d@s seus/súas plantador@s, etiquetaxe que lles daremos aos cativos, coa intención de implicalos directamente no coidado e protección do monte comunal.