Comezo Novas do Monte Novas Asemblea Xeral Ordinaria

PostHeaderIcon Asemblea Xeral Ordinaria

 

A Xunta Directiva da Comunidade de Montes do Hío COMUNICA a todos os comuneiros e comuneiras da parroquia que o vindeiro SÁBADO DÍA 6 DE FEBREIRO, ás 15:00h en primeira convocatoria e ás 17:00 h en SEGUNDA convocatoria, celebrarase unha ASEMBLEA ORDINARIA na ESCOLA VELLA do Hío coa seguinte orde do día:

 

  1. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.

  2. Estado de contas.

  3. Altas e baixas de comuneiros/as.

  4. Altas e baixas na Xunta Directiva.

  5. Informe de xestións.

  6. Orzamento para o ano 2010.

  7. Propostas presentadas á Comunidade.

  8. Rolda de intervencións.

 

Lembrámoslles aos comuneiros e comuneiras que se queren delegar o seu voto por non poder asistir a dita asemblea por calquera motivo poden solicitar o impreso para a DELEGACIÓN DE VOTO chamando ao número 657 364587, (Lino). O impreso tamén se pode solicitar no enderezo de correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou recoller nos seguintes establecementos: bar STOP do Igrexario, bar A Curva de Nerga, bar As Lagoas de Vilariño, bar Cabo Home de Donón, bar O Camiño Vello de Pinténs, bar Areabrava de Vilanova ou Carpintaría O Freixo de Liméns.